A Asociación Deportiva e Cultural de Rande, foi creada en 2003, por un grupo veciños, que querían por en valor, a fermosa paisaxe da contorna e a gran historia da zona, comezando polo que fora:
O Cargadeiro de Rande e Coto Wagner, que se construiría entre o ano 1924 e 1926, promovido por Minerais de Ferro de Galicia, S.A., que explotaba as minas de Ferro de Freixo (Monforte de Lemos), a súa produción transportábase por ferrocarril ata aquí, onde se embarcarían cara o seu destino.
A Fabrica do Alemán, una antiga conserveira, que nace a metade do século XIX. En 2008 a Asociación Deportiva e Cultural de Rande, reclamou que se convertesen as ruínas de dita factoría, no que hoxe en dia é o Museo Meirande.
A Conmemoración da Batalla de Rande,( a xoia da coroa), un recordo e homenaxe a esa gran batalla, no que se leva acabo una gran representación teatral, protagonizada polos veciños e veciñas do pobo, (e para todo aquel que queira participar), ademais de moitas actividades, Conmemoración que ten lugar o 3º fin de semana de Outubro, no entorno da Finca do Alemán, paraxe recuperado por esta asociación, que con moito esforzo, conseguiu que se montara, o Museo de interpretación Meirande.
Convidámosvos a visitar este paraíso natural, empaparvos deste anaco da historia, o cal conten moitas lendas, que poderás descubrir e coñecer da nosa man.
adcrande@hotmail.com